Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia

0
65
FOTOGRAFÍA. SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA), 01 DE FEBRERO DE 2024. Medidas urgentes del programa electoral de VOX para Galicia. Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia. «Galicia a Mejor» Programa electoral de VOX para elecciones autonómicas de Galicia del 18 de febrero de 2024, con Álvaro José Díaz-Mella López, candidato a la Presidencia de la Junta de Galicia y cabeza de lista por Vigo al Parlamento de Galicia. La formación liderada por Santiago Abascal Conde trabaja duro, pataleando cada rincón de la comunidad autónoma gallega para renovar la confianza de los 116.000 gallegos que confiaron en VOX en las pasadas elecciones a las Cortes Generales de España del pasado 23 de julio de 2023, votos ampliamente suficientes para que la tercera fuerza política del país de don Quijote acabe con la anomalía de su ausencia en el Parlamento de Galicia mientras ya está presente en los Ayuntamientos gallegos y parlamentos de regionales de toda España, todo un reto para el equipo de campaña electoral de los verdes españoles. Lasvocesdelpueblo (Ñ Pueblo)

Santiago de Compostela (Galicia) Reino de España, sábado 10 de febreiro de 2024 (Lasvocesdelpueblo).- Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia, eleccións galegas do domingo 18 de febreiro de 2024 (18F). «Compatriota, Galiza é unha terra chea de futuro, pero leva 15 anos gobernada por un PP paralizado por problemas constantes como o aumento do custo da vida, a desprotección do noso rural, da pesca e da industria ou a partida. Dos nosos mozos. Pero Galicia non está condenada a arrastrar os problemas de sempre coas escusas habituais.Esta vez o teu voto por VOX pode marcar a diferenza.Podes elixir un goberno con VOX que, como noutras rexións de España, ten claro. Na defensa dos vosos valores e remata coa axenda progresista, o despilfarro e a falta de liberdade. Galicia non ten que resignarse a un futuro incerto. Con VOX, Galicia faise mellor. Álvaro José Díaz-Mella López, candidato á Presidencia da Xunta de Galicia».

Galicia a Mellor: Programa electoral de VOX para as eleccións autonómicas en Galicia do 18 de febreiro de 2024.

ÍNDICE

1. Impostos e inflación 8

2. Sector primario 10

3. Industria e emprego 12

4. Sanidade 14

5. Educación 16

6. Liberdade 18

7. Liberdade lingüística 20

8. Vivenda 22

9. Infraestruturas e despoboación 24

10. Medio ambiente e xestión forestal 26

11. Seguridade 28

12. Cultura e turismo 30

1. IMPOSTOS E INFLACIÓN

Baixaremos radicalmente os impostos para aliviar ás familias, autónomos e empresas, e acabaremos co malgasto político

Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia| Os produtos básicos cada vez son máis caros, sen que os soldos suban. Por iso, é indecente que a Xunta batese récords en ingresos á custa do esforzo e o traballo dos de sempre. Só na primeira metade do ano 2023, a recadación disparouse un 13,3% con respecto ao ano anterior. Ademais, urxe reestruturar a Administración rexional para rematar con todo o gasto político superfluo.

MEDIDAS URXENTES:

  • Rebaixar o tramo autonómico do IRPF co obxectivo de favorecer a contratación e impulsar a subida xeneralizada de salarios.
  • Presionar ao Goberno nacional para a baixada de tódolos impostos que- repercuten sobre a factura da luz e provocan o encarecemento das subministracións.
  • Impulsar un plan de axudas á conservación de empresas familiares, centenarias e de proximidade facilitando o relevo xeracional e a relocalización de empresas.
  • Reestruturar a Administración autonómica e auditar as entidades instrumentais para destinar o diñeiro de todos ao que de verdade importa.
  • Proceder á fiscalización dos caudais públicos, perseguindo a corrupción e o clientelismo, e asegurando a transparencia de tódolos contratos e concursos públicos.

2. SECTOR PRIMARIO

Protexeremos a nosa pesca, gandería e agricultura fronte á burocracia e a criminalización

Noso sector primario é o sustento de miles de familias galegas. Con todo, o PP e o PSOE, tanto en Bruxelas como na Xunta, entregáronse a unha axenda ecoloxista que resulta en impostos asfixiantes, unha burocracia implacable e chantaxe ideolóxica para acceder a axudas. Protexeremos aos nosos tra- balladores e empresas para asegurar a viabilidade do seu medio de vida e impulsar a gran competitividade do noso sector primario.

MEDIDAS URXENTES:

  • Baixar radicalmente impostos e reducir a burocracia para aliviar o aumento de custos no sector primario, especialmente no gasóleo mariño e agrícola.
  • Esixir a Bruxelas que as axudas da PAC respondan as necesidades reais de quen traballa no campo e o mar, sen imposicións ideolóxicas.
  • Protexer o produto nacional esixindo un control exhaustivo dos produtos procedentes de mercados estranxeiros.
  • Establecer un plan de xestión do lobo e o xabaril para protexer os cultivos e cabana gandeira, reforzando a caza como actividade cinexética.
  • Colaborar coas confrarías e os mariscadores para explorar novos recursos e aumentar o valor do sector con novas actividades que xeren máis emprego.

3. INDUSTRIA E EMPREGO

Frearemos a deslocalización industrial e aseguraremos empregos estables en condicións dignas

Galicia afronta a perda de peso do sector industrial e enerxético por mor da deslocalización de empresas, a destrución de centrais enerxéticas, a precarización laboral e o inferno burocrático que asfixia a empresas, traballadores e autónomos. Os xóvenes mellor formados márchanse en busca de mellores oportunidades e as empresas fan o propio cara a Portugal. É prioritario revitalizar o sector industrial e garantir aos nosos traballadores e as súas familias un emprego estable e en condicións dignas.

MEDIDAS URXENTES:

  • Baixar inmediatamente impostos para mellorar as condicións dos traballadores e frear a fuxida de empresas a Portugal.
  • Instaurar a tarifa plana para os novos autónomos, reintegrando a cota correspondente durante o primeiro ano.
  • Implementar incentivos fiscais que favorezan a contratación indefinida de xóvenes e maiores, sectores especialmente golpeados polo paro e a precariedade.
  • Plan industrial específico para o sector naval que mellore a xestión de recursos portuarios, non só nos grandes portos, que reverta o déficit de traballadores do mar.
  • Asegurar unha enerxía accesible, segura e limpa, sostida por unha estratexia firme de Soberanía Nacional, que contemple tódalas fontes de enerxía e reduza a nosa dependencia do exterior.

4. SANIDADE

Garantiremos unha Atención Primaria áxil e de calidade

Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia| Galicia leva anos arrastrando un problema de acceso rápido e de calidade á atención sanitaria, sen que a Xunta fose capaz de cubrir as necesidades dos galegos. A nosa Sanidade, especialmente a Atención primaria, require sen maior dilación decisións claras que fagan fronte a problemas de primeira orde, como o acceso en zonas rurais, o grave déficit de profesionais sanitarios ou a insuficiencia de infraestruturas sanitarias.

MEDIDAS URXENTES:

  • Aumentar a inversión en Sanidade e Dependencia recortando o gasto político superfluo doutras áreas da Administración para mellorar as nosas infraestruturas, con especial atención ás residencias e centros de maiores.
  • É urxente a contratación estable de pediatras e médicos de familia nos centros de saúde da rexión para garantir unha asistencia suficiente e de calidade.
  • Defender o dereito á vida e a dignidade de todos fronte á cultura do abandono e a morte.
  • Tomar medidas para acabar co abandono da atención en zonas rurais, incentivando a provisión de postos de difícil cobertura.
  • Crear novas unidades de Saúde Mental Infanto-Xuvenil e incrementar a contratación estable de psicólogos clínicos en Atención Primaria.

5. EDUCACIÓN

Impulsaremos unha educación en liberdade que asegure o futuro aos nosos xóvenes

Nos últimos 15 anos, o PP gobernou Galicia sen atender aos verdadeiros problemas da educación na nosa terra, mesmo impedindo un ensino en liberdade, relegando o español nas aulas e atacando á educación concertada. Chegou a hora de falar claro sobre a desvalorización da calidade do ensino, a falta de liberdade das familias á hora de elixir centro para os seus fillos e as intromisións ideolóxicas.

MEDIDAS URXENTES:

  • Asegurar de forma inmediata o dereito de ser educado en español en Galicia. Derrogar toda a lexislación que marxina o español nas aulas.
  • Impulsar tódalas infraestruturas educativas e de transporte necesarias para garantir a calidade do ensino e o acceso ao mesmo en igualdade de condicións, especialmente no mundo rural.
  • Facilitar o sostemento dos centros concertados e as axudas ás familias que elixen esta opción en liberdade.
  • Blindar a libre elección de centro educativo en tódolos niveis a través dun cheque escolar, especialmente orientado ás familias con menos recursos.
  • Expulsar a calquera activista das aulas e protexer aos menores de actividades de adoutrinamento que atenten contra a súa inocencia.

6. LIBERDADE

Reverteremos 15 anos de políticas progresistas do Partido Popular en Galicia

O Partido Popular foi pioneiro en Galicia de leis ideolóxicas e políticas liberticidas moito máis radicais que as implementadas por gobernos socialistas noutras rexións de España. Prexudicouse a liberdade, a igualdade e concor- dia entre españois, e impuxéronse por primeira vez algunhas das políticas ecoloxistas ou de xénero máis radicais de Europa. Todo iso descoidando as necesidades locais dos galegos.

MEDIDAS URXENTES:

  • Derrogar as políticas ideolóxicas do goberno progresista de Galicia: Lei de igualdade, lei LGTBI, e poñer fin ao seguidismo das políticas de memoria histórica e de eutanasia.
  • Sacar da Xunta de Galicia aos lobbies ideolóxicos que condicionaron as políticas e acabar coas subvencións que os sosteñen sen ningún beneficio social.
  • Despolitizar e racionalizar o orzamento da TVG para que deixe de ser un instrumento de propaganda, imposición ideolóxica e compadreo co separatismo.
  • Ser claros e contundentes para combater as consignas separatistas que, coa complicidade do PP, avanzaron na nosa terra.
  • Protexer o noso patrimonio cultural e a nosa historia fronte á retirada de cruces e emblemas históricos como o monumento a Xoán Pablo II.

7. LIBERDADE LINGÜÍSTICA

Defenderemos a liberdade no uso das dúas linguas propias de Galicia: o español e o galego

Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia| O galego é unha inmensa riqueza cultural da nosa rexión e patrimonio cultural de tódolos españois. O que os galegos usamos de forma natural, os políticos tentaron impoñelo, creando un problema onde nunca existiu. Defenderemos o dereito dos galegos para usar ambas linguas sen imposicións artificiais e garantindo a liberdade de elección, especialmente no ámbito da educación, a función pública e das administracións públicas.

MEDIDAS URXENTES:

  • Defender a libre elección de lingua e derrogar tódalas leis lingüísticas aprobadas polo PP, que son unha imitación das aprobadas polo separatismo para marxinar o español.
  • Asegurar que calquera galego que queira dirixirse á administración en español poida facelo coa mesma axilidade que en galego.
  • Blindar o dereito das familias para elixir a lingua na que queren que estuden os seus fillos, sempre garantindo o dereito constitucional de usar o español.
  • Garantir que o galego e o español sexan usados con total naturalidade e liberdade en todo o ámbito público, rematando con calquera tipo de imposición, especialmente no acceso á función pública.
  • Poñer fin aos requisitos lingüísticos que condicionan axudas públicas ao uso do galego, tendo como único requisito para acceder a estas, a calidade dos proxectos e o seu impacto positivo na sociedade.

8. VIVENDA
Programa electoral de VOX para las elecciones gallegas del 18 de febrero de 2024, Galicia a Mejor. Díaz-Mella y AbascalTomaremos medidas para achegar o acceso das familias e xóvenes galegos a unha vivenda digna

Cuns prezos cada vez máis elevados e uns empregos cada vez máis precarios, o acceso a unha vivenda é un reto para as familias e os mozos da nosa re- xión. Necesitamos un goberno que afronte con valentía o problema da viven- da e que permita aos nosos xóvenes ter un futuro e formar unha familia na terra que os viu nacer. Ademais, implementaremos todo tipo de deducións e bonificacións fiscais para fomentar a natalidade.

MEDIDAS URXENTES:

  • A vivenda non pode converterse nun ben de luxo ao alcance de moi poucos. Baixar tódolos impostos que encarecen a compra de vivenda habitual.
  • Fomentar a construción de vivenda social e colaborar cos concellos para liberar o chan que non deba estar protexido.
  • Ampliar as axudas, bonificacións e deducións no acceso á vivenda e subministracións básicos, especialmente para os xóvenes e as familias con fillos.
  • Incorporar a perspectiva de familia na aprobación de toda norma e na acción pública de tódalas administracións con capacidade orzamentaria.
  • Poñer en marcha medidas para fomentar a natalidade, creando incentivos fiscais e profesionais vinculados ao número de fillos e actuando para reducir a brecha maternal.

9. INFRAESTRUTURAS E DESPOBOACIÓN

Cumpriremos cos prazos na construción de infraestruturas como elemento fundamental na loita contra o despoboamento

Nestes últimos 15 anos o Partido Popular foi incapaz de reverter o desequilibrio territorial que sofre Galicia e que se traduce nun esborralle da economía e demografía nas zonas do interior. A iso únense as continuas demoras na execución de infraestruturas fundamentais para vertebrar Ga- licia e a incapacidade de facer fronte á crecente competencia dos portos e aeroportos portugueses.

MEDIDAS URXENTES:

  • Impulsar as infraestruturas viarias pendentes, como a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte ou a AG-55, e esixir maior investimento nas vías estatais.
  • Esixir ao Goberno as actuacións necesarias para alcanzar un servizo ferroviario de calidade que vertebre Galicia, tanto de Alta Velocidade como convencional.
  • Potenciar a competitividade dos portos galegos e optimizar a infraestrutura portuaria, con especial atención ás conexións ferroportuarias.
  • Garantir a dotación de instalacións e servizos de calidade en todo o territorio, con especial incidencia no rural. Reverter o desequilibrio existente entre o eixo atlántico e o interior de Galicia.
  • Combinar a aposta por mellores infraestruturas e conectividade para loitar contra o despoboamento con medidas decididas en apoio da natalidade.

10. MEDIO AMBIENTE E XESTIÓN FORESTAL

Coidaremos o noso patrimonio natural, facendo compatible a protección do medio ambiente coa prosperidade das nosas comarcas

Dende hai demasiado tempo téntase impoñer un cambio no modo de vida das nosas xentes do campo mediante todo tipo de normas ditadas por burócratas que descoñecen totalmente a realidade do campo. Pero o coidado do noso patrimonio natural é compatible co desenvolvemento e o benestar dos galegos. Combateremos a vaga de incendios forestais e impulsaremos a protección das nosas paisaxes e comarcas fronte a actividades especulativas.

MEDIDAS URXENTES:

  • Paralizar a Lei do Clima e derrogar tódalas leis, como a de Benestar Animal, que criminalizan aos nosos gandeiros, agricultores, pescadores, cazadores ou cetreiros.
  • Coidar o noso patrimonio natural rexeitando calquera política que empobreza ao campo e a mar, actuando para manter limpas nosas costas.
  • Protexer as nosas paisaxes de tódalas actividades que, en nome do medio ambiente e as enerxías renovables, pretenden especular co noso patrimonio natural e forma de vida.
  • Implementar unha política forestal centrada na limpeza dos bosques como base fundamental para a prevención de incendios forestais.
  • Fortalecer o sector forestal galego, aumentando a súa competitividade, garantindo a remuda xeracional e reducindo a burocracia.

11. SEGURIDADE

Frearemos en seco o aumento da criminalidade e a ocupación, garantindo a presenza policial suficiente na nosa rexión

Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia| Galicia deixou de ser a rexión segura que era hai anos pola desidia do PP, que se chegou a plantexar expulsar á Guardia Civil de Tráfico da nosa rexión. As infraccións penais creceron un 29% de 2020 a 2022 en toda a rexión. Doutra banda, a okupación e os roubos no rural seguen sendo moi frecuentes nun contexto de escasa presenza policial e falta de medios técnicos, que está a deixar á nosa policía indefensa ante o aumento da delincuencia.

MEDIDAS URXENTES:

  • Reforzar os efectivos policiais fronte á delincuencia, o narcotráfico e os roubos, garantindo a seguridade en explotacións agrarias e zonas rurais.
  • Garantir a inviolabilidade dos fogares, sacando aos okupas de cada domicilio inmediatamente; e perseguindo ás mafias da okupación.
  • Defender con firmeza a presenza da Guardia Civil en Galicia, fronte aos ataques aos que se sumou o goberno do PP ao plantexar a súa expulsión.
  • Esixir a inmediata expulsión dos inmigrantes ilegais, así como dos inmigrantes legais que cometan delitos graves ou fagan do delito leve a súa forma de vida.
  • Eliminar as axudas públicas a organizacións que colaboren co tráfico de seres humanos e esixir a devolución inmediata de Menores estranxeiros non acompañados (MENA) coas súas familias.

12. CULTURA E TURISMO

Reivindicaremos a enorme achega cultural e patrimonial de Galicia a España

A achega de Galicia a toda a riqueza cultural de España é inconmensurable. Fronte aos que queren facer da diversidade división, reivindicaremos o que nos une e fomentaremos o coñecemento da gran riqueza patrimonial da Galicia mariñeira e interior, urbana e rural, base ademais da nosa puxante industria turística. A cultura nunca debe ser un artigo de luxo para as familias galegas.

MEDIDAS URXENTES:

  • Apoiar ao noso turismo, tanto de costa como de interior, impulsándoo a nivel nacional e internacional e acabando co inferno burocrático e fiscal.
  • Amparar o Camiño, a Catedral de Santiago e tódalas festas comunitarias, recuperando o sentido orixinal de festividades como o 25 de xullo, Día do Patrón de España.
  • Impulsar o mecenado e as iniciativas culturais, así como aos nosos emprendedores no ámbito artístico.
  • Fomentar un modelo turístico respectuoso cos nosos costumes e patrimonio natural, especialmente aberto para as familias, maiores e nenos.
  • Priorizaremos a conservación e restauración do noso modelo de vida local, patrimonio inmaterial e material, en especial o arquitectónico| Medidas urxentes do programa electoral de VOX para Galicia.

TEXTO PDF DO PROGRAMA ELECTORAL DE VOX PARA AS ELECCIÓNS GALEGAS DO 18 DE FEBREIRO DE 2024: GALICIA PARA MELLOR